Blog del IES Campo de San Alberto (Noia)
CARREIRA SOLODARIA EN NOIA!!
O vindeiro sábado día 30 de xaneiro o alumnado da Rede Solidaria do centro IES Campo de San Alberto en colaboración co centro, organizan un acto deportivo pola vila de Noia, co fin de recadar fondos en axuda dos afectados polo terremoto en Haití.
O acto consitite nunha carreira que percorrerá toda a vila. En primeiro lugar serán os máis pequenos, nas categorías prebenxamin, benxamin e alevin. Que realizarán un percorrido de 600 metros. Logo na segunda quenda serán dende a categorías alevin ata a categoría absoluta. Estes recorrerán aproximadamente uns 2 km.
Todos aqueles interesados poderanse inscribir na saída, media hora antes de cada carreira. O acto dará lugar as 16:30, partirá dende a Alameda de Noia e volverán ao posto de saída. O prezo de cada dorsal é de 2€ que funcionará de donativo a causa xa exposta.

Deja un comentario