O vindeiro venres, día 12 de febreiro, celébrase o Día contra a Utilización de Nenos e Nenas Soldados.

Este ano, ademais dos grupos que veñen traballando desde hai anos o seu compromiso contra o uso de nenos e nenas coma soldados , puxemos en práctica, desde a Rede Solidaria, dous talleres en colaboración con Anxo Moure, da ONGD Bicis pola Paz. Estes talleres puxéronse en marcha no Colexio Apóstol Santiago (Vigo) e no IES Xelmírez I (Santiago). Coa axuda de Anxo, os rapaces e rapazas aprenderon unha tarefa ben bonita: aprender a "atrapar" contos da paz, historias en contra das guerras e da violencia no mundo.

Se queredes traballar o tema, tedes á vosa disposición actividades didácticas que podedes solicitar a: redesolidaria@entreculturas.org

Deja un comentario

CAPTCHA
Esta pregunta sirve para prevenir mensajes de spam automatizados y así mejorar la calidad de los contenidos. Diferencia entre mayúsculas y minúsculas.