Con este lema, celebramos en Galicia o noso 11º Encontro en Rede da Rede Solidaria da Mocidade. Máis fotos aquí

Preto de 150 rapaces, rapazas e docentes de doce centros educativos participantes na Rede Solidaria da Mocidade, gozamos dunha xornada nas instalacións do Monte do Gozo de Santiago de Compostela, simbólico punto de chegada dos peregrinos e peregrinas a Santiago neste Ano Xacobeo.

 

Comezamos así un curso no que seguiremos a traballar a solidariedade nos nosos grupos e nos nosos centros educativos, no que queremos poñer especial énfase na reflexión sobre a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, sobre todo, naqueles lugares onde non existe.

 

Veteranía dos que levamos máis tempo na Rede, “redeiros” e “redeiras” que comezan, moita ilusión e un forte compromiso pola solidariedade son os ingredientes que achegamos para seguir a construír unha Rede forte e cada vez máis grande.

 

 

 

Deja un comentario

CAPTCHA
Esta pregunta sirve para prevenir mensajes de spam automatizados y así mejorar la calidad de los contenidos. Diferencia entre mayúsculas y minúsculas.